Historias e histerias de Luis Zahera chega a Burela esta fin de semana
AMariñaXa
O actor galego gañador dun Goya, Luis Zahera, visitará Burela para facer rir a todos co seu espectáculo Historias e histerias.
25 Mar 2022
O actor Luis Zahera, coñecido por papeis como Petróleo en Mareas Vivas, Pertur en Sin tetas no hay paraíso, Releches en Celda 211 ou Ferro en Vivir sin permiso, gañador dun Premio Goya en 2019 pola súa actuación no filme El Reino e que actualmente protagoniza a serie Entrevías xunto a José Coronado en Telecinco, visitará a casa da cultura de Burela.
O seu espectáculo será o domingo 27 de marzo ás 20.00 horas para deleitar aos espectadores coa súa faceta máis cómica nun monólogo repleto de historias e histerias onde as risas están totalmente garantizadas.
Entradas xa á venda.