Historia e tradición da man Festa da Romaxe das Cruces, en Ribadeo
AMariñaXa
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego, que deu comezo co pregón pronunciado por Roberto Rodríguez
Festa da Romaxe das Cruces
20 Maio 2024
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego, que deu comezo co pregón pronunciado por Roberto Rodríguez, e seguiu co bandeo do pendón e o cuarto xantar de irmandade, entre outras actividades.
Ata a Ponte de Arante achegáronse o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, os alcaldes de Ribadeo e de Trabada, Dani Vega e Rubén García, concelleiros ribadenses, deputados provinciais e autonómicos, e senador por Lugo, así como ducias de veciñas e veciños das sete parroquias de Ribadeo e Trabada, que lembran deste xeito unha data histórica.