Hipócrita Teatro representará a súa obra 'Arde' en Viveiro

AMariñaXa
A peza, dirixida por José Campanari e coa tradución de Carlos Rebolo, conta no seu elenco con Carlos Rebolo, Teo García e Iván Redondo
arde-hipocrita-teatro
10 Out 2024

Este sábado, 12 de outubro, a compañía Hipócrita Teatro representará a obra "Arte", da autora francesa Yasmina Reza, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A función comezará ás 20.30 horas e terá unha duración de 70 minutos. A entrada será de balde ata completar o aforo, sen necesidade de reserva previa. A peza, dirixida por José Campanari e coa tradución de Carlos Rebolo, conta no seu elenco con Carlos Rebolo, Teo García e Iván Redondo.

A obra presenta unha profunda reflexión sobre a amizade, as relacións humanas e a tolerancia. A través do humor, os personaxes amósanse progresivamente, revelando unha complexidade inesperada que, a pesar das risas, fai unha crítica sobre os prexuízos e a incapacidade para amar e comprender. A trama xira arredor de tres amigos que, en cuestión dunha semana e por un motivo trivial, poñen en risco unha amizade de quince anos, comportándose como "nacións en guerra", con alianzas secretas e pactos rotos. Así, a obra revela a fraxilidade das relacións humanas. O público poderá gozar desta comedia que combina intelixencia e emoción, convidando á reflexión a través dunha historia que, con moito humor, aborda temas universais.

0.13683390617371