Herminia Pernas como cronista oficial de Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os voceiros dos tres grupos con representación no Concello de Burela: PSOE, PP e BNG acordaron  nunha xuntanza propoñer a Herminia Pernas como cronista oficial de Burela.
2 sep 2020

Os voceiros dos tres grupos con representación no Concello de Burela: PSOE, PP e BNG acordaron  nunha xuntanza propoñer a Herminia Pernas como cronista oficial de Burela. O asunto será levado ao pleno que se celebrará a finais do presente mes de setembro. O alcalde, Alfredo Llano, fai un balance positivo deste acordo.

O rexedor contou que “tivemos unha reunión dos portavoces dos tres partidos con representación na Corporación Municipal de Burela para dicir publicamente que os tres grupos apoiamos a Herminia Pernas como cronista oficial do Concello de Burela e así o aprobaremos oficialmente no próximo pleno ordinario, que se vai celebrar neste mes de setembro”.

Llano sinalou: “cremos os tres portavoces que é unha persoa que realmente merece ser cronista e por tanto vai ter o apoio dos tres grupos, o que pensamos que é unha boa fórmula para motivar a Herminia para facer este labor”.

O alcalde engadiu que “tivemos ese acordo, que eu penso que foi moi positivo, que os tres acordásemos desta maneira unánime e solidaria a intención clara de nomear a Herminia Pernas, a quen llo farei saber para que conte, se ela está disposta, con ser cronista a partir de final de mes. Imos facer o pleno posiblemente o 24 de setembro, que é o último xoves deste mes, e a partir de aí xa contaremos cunha cronista oficial. Eu penso que Burela a necesita e que vai facer un labor extraordinario, como ven facendo xa dunha maneira continua, xa está amosando constantemente a súa vocación e interese total cara a Burela e penso que vai ser unha representación moi merecida”.

0.19392490386963