Habilitados autobuses entre Viveiro e a Romaría do Naseiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa dos horarios do servizo de autobuses habilitados para a Romaría do Naseiro que durará ata o 31
1 naseiro viveiro 2022
27 Ago 2022

O Concello de Viveiro informou dos horarios do servizo de autobuses habilitados para a Romaría do Naseiro, que comunicarán o centro da vila coa zona de celebración. A romaría comeza hoxe e estenderase ata o próximo martes 30 de agosto.

O servizo de autobuses iniciarase hoxe, venres 26 de agosto, ás 19:00, e funcionará de maneira continuada ata o próximo mércores, 31 de agosto, ás 10:00. 

En Viveiro, a recollida de pasaxeiros efectuarase na Praza de Lugo, mentres que en Naseiro os autobuses pararán na parada habitual da zona.

PROGRAMACIÓN

Do 26 ao 31 de agosto organizarase na parroquia de San Pedro de Viveiro, no val de Naseiro, a beiras do río Landro, a Romaría de Naseiro. A romaría tamén é coñecida como Romaxe do Bo Xantar pola gran cantidade de inxesta de comida e bebida da cal gozan os centos de romeus que acoden a esta celebración popular, declarada de Interese Turístico Nacional.

O sábado 27 será a misa ás 13.30 horas con posterior procesión en honra á Virxe dos Remedios. A continuación terá lugar a sesión vermú. co grupo JB Son e a orquestra Stereo.

O domingo 28, ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne en honra á Virxe dos Remedios, seguida de procesión. A continuación os presentes poderán desfrutar coa sesión vermú e coa verbena a cargo do grupo Arizona e La Bamba.

O luns 29 os presentes poderán asistir á sesión vermú e a verbena amenizada pola orquestra Fuego e Tania Veiras, e o martes 30 será a quenda do grupo Kalima e a orquestra Suavecito.

O derradeiro día, o mércores 31, é o Día do Neno no que haberá atraccións a prezos populares no campo da festa.

naseiro viveiro 2022
0.21850204467773