Guadi Galego presentará o seu último traballo en Burela en decembro

AMariñaXa
A cedeirense Guadi Galego presentará o seu último traballo discográfico Costuras o sábado 11 de decembro no Auditorio Municipal de Burela.
241650519_4079211558844719_3974982626672870653_n
22 sep 2021

A cedeirense Guadi Galego presentará o seu último traballo discográfico Costuras o sábado 11 de decembro ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Burela.

Costuras aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador onde a autora se mostra tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco: Coas poetisas Antía Otero e Marina Oural e coa cantante catalá Paula Grande.

A produción musical a cargo de Olivera Estudi dá un novo aspecto ás creacións de Guadi entrando en campos electrónicos sen esquecer a parte máis orgánica creando texturas únicas. Entradas para o concerto proximamente á venda.

guadi galego concerto burela
0.20681691169739