Guadi Galego achegará mañá a Burela o seu último traballo
AMariñaXa
A cedeirense Guadi Galego presentará o seu último traballo discográfico Costuras o sábado 11 de decembro no Auditorio Municipal de Burela.
10 Dec 2021
O vindeiro sábado 11 de decembro ás 20.00 horas Guadi Galego dará un concerto na Casa da Cultura de Burela. A actuación enmárcase dentro da xira Costuras, coa que a artista leva percorridos escenarios de toda Galicia.
Costuras aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador onde a autora se mostra tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco: Coas poetisas Antía Otero e Marina Oural e coa cantante catalá Paula Grande.
A produción musical a cargo de Olivera Estudi dá un novo aspecto ás creacións de Guadi entrando en campos electrónicos sen esquecer a parte máis orgánica creando texturas únicas. Entradas para o concerto proximamente á venda.