Gran apoio ao comité de Vestas
Onte celebrouse unha gran manifestación en protesta ante unha situación que foi anunciada pola empresa danesa e que supón o peche da fábrica ubicada en Viveiro.
Á concentración, que saiu da Rotonda da Misericordia ata chegar á Praza do Concello, sumáronse veciños de toda a comarca para así lembrarlle á veciñanza que co peche de Vestas un total de 115 empregos veríanse afectados.
Esta situación suporía un agravamento da situación da industria e do emprego non só na Mariña, senón tamén en moitos concellos próximos da comarca de Ortegal.
O Concello de Viveiro recorda que non se pode permitir que unha empresa que ten beneficios, que é produtiva e que recoñece o traballo dos seus empregados e empregados da planta de Viveiro, que son un exemplo para todas as plantas que a empresa ten no resto do mundo, anuncie o seu peche.
Polo que se fai necesario que as administracións, tanto a Xunta de Galicia, en materia do ERE e de industria, como o Ministerio de Industria, fagan todo o posible para evitar o peche desta empresa e que isto non sexa outro sume e segue á grave á situación que estamos a vivir coa multinacional Alcoa e á desindustrialización que estamos a sufrir nos últimos anos.