Gran acollida na primeira xornada de O Comercio inclúe

AMariñaXa
O Concello de Viveiro promove O Comercio inclúe, unhas xornadas de convivencia entre o Centro Comercial Histórico e Aspanane
viveiro primeira xornada viveiro inclue 2022
14 Dec 2022

O Concello de Viveiro, Aspanane e o Centro Comercial Histórico de Viveiro cualifican de todo un éxito as xornadas de convivencia que baixo o epígrafe O Comercio inclúe comezaron a desenvolverse na vila. 

Nunha acción a tres bandas impulsouse esta iniciativa que inclúe a persoas con diversidade funcional en diferentes establecementos de Viveiro, co obxectivo de que teñan a experiencia de traballar nos diferentes eidos do comercio local.

“A primeira mañá foi todo un éxito tanto para os usuarios e usuarias que participaron na acción por parte de Aspanane, como para os comerciantes que están desexando que chegue o día de mañá, e incluso repetir o evento noutra ocasión”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura e Muller.

“Para o equipo de goberno é prioritario seguir traballando por un Viveiro máis inclusivo e así o seguiremos a facer, deseñando este tipo de iniciativas que o que fan é visibilizar, sensibilizar e tamén darlle oportunidades ás persoas con diversidade funcional”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, que agradece a implicación de Aspanane e do Centro Comercial Histórico de Viveiro. 

viveiro primeira xornada viveiro inclue 2022 1
0.12291193008423