Gastronomía e música, na Xira de Santa Cruz, en Ribadeo

AMariñaXa
O programa Preto de Ti, do Concello de Ribadeo vai de Xira o vindeiro 4 de agosto
Preto-de-Ti-de-Xira
30 Xul 2024

O programa Preto de Ti, do Concello de Ribadeo vai de Xira o vindeiro 4 de agosto. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explica todas as parroquias “celebraremos xuntas este domingo tan especial: degustaremos unha saborosa comida, charlaremos, riremos… E todo iso acompañado dun fondo musical imprescindible neste día, o da gaita e as actuacións que alí levarán a cabo”.

A edil ribadense anuncia que “para achegarnos ao monte de Santa Cruz contaremos, como xa foi o caso na festa de As Cruces, dun autobús que irá parando en cada parroquia. A subida témola prevista para a unha da tarde. E a comida de fraternidade para as 14.30 horas. A través do grupo de whatsapp de Preto de Ti e das redes sociais do Concello de Ribadeo informarémoslles ao longo dos próximos días dos horarios do servizo de bus”.

Elena Sierra anima a asistir á Xira de Santa Cruz: “Animo a todos os usuarios de Preto de Ti a apuntarse e a participar nun día tan especial e familiar como é o da Xira de Santa Cruz”.

0.16386890411377