Gastronomía e música na terceira edición da Festa do Colesterol de Foz

Foz
AMariñaXa
A organización da Festa Normanda de Foz prepara a terceira edición da Festa do Colesterol no municipio
festa_do_colesterol
22 Xul 2024

A organización da Festa Normanda de Foz prepara a terceira edición da Festa do Colesterol no municipio. A cita será este mércores 24 de xullo na explanada do porto, na praza Conde de Fontao en Foz. Haberá ovos fritos, chourizo, patacas e pan, música e bo ambiente. Na cita, que conta coa colaboración do Concello de Foz e de Tradigalu, actuará a asociación Saiñas a partir das 21.00 horas.

0.092077016830444