Gandarías da Mariña e de Asturias cítanse na feira de gando de San Rosendo, en Barreiros
San Miguel de Reinante, en Barreiros, celebrou este domingo a feira de gando de San Rosendo, que a comisión recuperou o ano pasado co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Retomando a tradición gandeira das festas, ganderías da comarca da Mariña e do occidente asturiano participaron na feira -con exemplares de gando vacún, cabalar e caprino -, no certame morfolóxico de Pura Raza Galega e nas carreiras de cabalo marchador galego que se celebraron ao longo da xornada, que contou tamén cun mercado de artesanía e animación musical.
O primeiro premio do concurso de eguas foi para Galaxia de Juan Paz Paz, mentres que o segundo e o terceiro recaeron en Rúa de Juan Paz Paz e Lenda do Couto de Fernando Groba. No caso dos sementais gañou Khalifa de José M Pardo Reigosa, Domingo de Boimente de Adrián Mariño e Vexeta de Rubén Bello Basanta quedaron en segunda e terceira posición. No caso dos poldros, en primeiro lugar quedou Cumbia de Rúa de Alba Boanco, o segundo foi para Cereixa de Lourenzá de Diego Terrón e o terceiro para Raiana do Couto de Fernando Groba Bouza.
O primeiro premio do concurso Morfofuncional de Poldros Cabalo Marchador Galego foi para Verania de Anceis de Ángel Seoane Iglesias, o segundo levouno Alecrín de Rúa de Senén Rega e o terceiro recibiuno Diamante Danceis de Daniel Seoane.
Na categoría de eguas do mellor exemplar cabalar non pura raza galega
triunfou Triana de Ana Acevedo, Morita de María Isabel Reigosa e Brisa de Alberto Garcia. No caso dos sementais os gañadores foron Baldomero de José Manuel Marrube Garcia, Argo RDG de Diego Freire Yanes e Visuais de Óscar Otero e Fresita de María Isabel Reigoso coma poldro.
Por último, na selección dos exemplares bovinos, gañou Fernando López e Marco Vázquez López coas súas vacas cachenas, Alejandro Salvatierra e Alejandro Salvatierra cos súas caldelás, Gonzalo Seoane levou o primeiro e o segundo premio coas súas frieiresas, David López coas súas limiás e David López e Gonzalo Seoane cos limiás. Dinamita de Antonio Aradas Regueira foi o mellor burro fariñeiro.