Galp inicia a segunda edición do proxecto Relevo 2020

AMariñaXa
Este mes no GALP A Mariña-Ortegal deron comezo á segunda edición do proxecto Relevo 2020 na confraría de pescadores de Burela.
galp relevo 2020
8 Mar 2021

Este mes no GALP A Mariña-Ortegal deron comezo á segunda edición do proxecto Relevo 2020. Fíxose na aula de formación da confraría de pescadores de Burela e cun grupo inicial de 7 inscritos. Así mesmo tamén continuaron coas sesións informativas co alumnado dos ciclos formativos nos IES do territorio.

A partir da semana que ven, as sesión de Relevo2020 terán lugar en Foz, todos os luns en horario de tarde, a partir das 16.30 horas.

As persoas interesadas en coñecer os recursos, ferramentas e oportunidades que o sector do mar brinda no territorio, contacta poden poñerse encontacto con Galp, no email info@relevo2020.org ou no teléfono 633 335 463.

0.23429203033447