Galicia propón a mellora da colaboración en salvamento marítimo e loita contra a contaminación

TerraChaXa | AMariñaXa
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo en valor ante o Goberno central o labor do Servizo de Gardacostas de Galicia, a única comunidade autónoma de España que conta cun servizo propio destas características, e solicitou a mellora na colaboración que manteñen a Xunta e o Estado en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación “con todas aquelas aportacións que o Executivo central poida facer para que o servizo acade o nivel de excelencia”.
16 Jul 2019

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo en valor ante o Goberno central o labor do Servizo de Gardacostas de Galicia, a única comunidade autónoma de España que conta cun servizo propio destas características, e solicitou a mellora na colaboración que manteñen a Xunta e o Estado en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación “con todas aquelas aportacións que o Executivo central poida facer para que o servizo acade o nivel de excelencia”.
Fíxoo en Madrid no marco da reunión que mantivo co Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Pedro Saura, unha xuntanza na que revisaron o convenio de colaboración asinado en 2006 entre a Xunta e o Ministerio de Fomento en materia de salvamento marítimo, loita contra a contaminación e seguridade no eido pesqueiro. Esta revisión realízase atendendo á nova Lei de Contratos do Estado, que obriga a actualizar todos os convenios que estean en vigor.
Entre as aportacións obxecto de revisión, a titular de Mar puxo como exemplo as cuestións administrativas como a modificación dalgunha orde estatal que dificulta os enroles dos funcionarios do Servizo de Gardacostas. Este é un dos aspectos que o Executivo galego trasladou en diferentes reunións que forman parte do seguimento habitual do convenio.
A través desta colaboración a Xunta pon a disposición do Goberno estatal todos os medios do Servizo de Gardacostas para actuar en caso necesario, un despregue e operatividade sufragados integramente por Galicia, que aporta a este servizo arredor de 22 millóns de euros anuais. Rosa Quintana puxo de relevo ademais que a comunidade autónoma galega conta con medios aéreos e marítimos para o salvamento e a loita contra a contaminación desde 1990, antes da creación de Salvamento Marítimo do Estado.
A conselleira do Mar estivo acompañada na reunión polo subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto, e a secretaria xeral técnica, Isabel Concheiro. Por parte do Ministerio de Fomento tamén asistiron a secretaria xeral de Transportes, María José Rallo, o director xeral da Mariña Mercante, Benito Núñez, e o director de Sasemar, José Luis García.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17420792579651