Galicia pecha por tres semanas municipios, hostalaría e a actividade non esencial

TerraChaXa | AMariñaXa
25 Xan 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns un endurecemento das restricións en Galicia para atallar o empeoramento de datos da pandemia destacando que a incidencia acumulada a 14 días sitúase en 630, fronte aos 829 de media en España. Con todo incidiu en que, aínda que Galicia "está mellor que o resto de España, a situación é moi preocupante", insistiu.

As novas medidas entran en vigor desde a medianoite deste martes 26 ao mércores 27 ata a medianoite do martes 16 ao mércores 17 de febreiro e durarán polo menos tres semanas, coincidindo coa finalización do Entroido.

As novas restricións impostas son:

  • Só poderanse manter reunións con conviventes.
  • Todos os municipios quedan pechados perimetralmente.
  • Actividades esenciais seguirán abertas. O comercio non esencial só poderá abrir ata as 18.00 horas e os centros comerciais pecharán as fins de semana. A hostalería, pechada, agás servizo a domicilio. Supermercados, farmacias, gasolineiras son consideradas actividades esenciais.
  • Pechadas as universidades ata o 8 de febreiro e desde entón, durante a primeira semana, serán por videoconferencia. Ata o 17 de febreiro non poderán ser presenciais. As escolas infantís, colexios e institutos seguirán funcionando con normalidade.
  • Pechados museos, bibliotecas e centros de espectáculos.
  • Pechan tamén os ximnasios e a actividade deportiva continuará restrinxida só ás competicións nacionais. Só se permitirá o deporte individual e sempre con máscara e os adestramentos en grupo quedan tamén prohibidos.
  • O toque de queda mantense ás 22.00 horas. Volverá pedirse ao Goberno poder adiantalo ás 20.00 horas.
  • Mantense a actividade nos centros de ensino como colexios e institutos.
0.15631604194641