Galicia Nova reclama no seu acto en Viveiro o voto útil ao BNG para “a xuventude e o futuro da Mariña”

AMariñaXa
Galiza Nova reclama no seu acto en Viveiro o voto útil ao BNG para “a xuventude, o futuro da Mariña e defender os dereitos da xente"
bng galiza nova viveiro 2023
15 Xul 2023

Galica Nova celebrou un acto nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro, no que se contou coa presenza de Pilar Vázquez, suplente ao Senado; María Carballal, responsable comarcal de Galiza Nova e Dani Castro, candidato ao Congreso.

“É necesario dispor dun grupo galego forte no Congreso e rematar co centralismo político que nos queren impoñer dende os grandes medios. PP, PSOE ou Sumar atenden aos intereses do seu partido en Madrid. Despois de anos de discriminación que cortaron oportunidades na nosa comarca e empurran á mocidade a emigrar, un deputado cos pés e a cabeza na Mariña porá a nosa voz no Congreso” indicou Pilar Vázquez.

Pola súa banda, María Carballal amosouse ilusionada: “a rebeldía que sinto da mocidade está representada no BNG: a loita inclusiva, a cultura, os dereitos das mulleres, a vivenda ou o traballo digno. Pídovos unha reflexión: quero un futuro en Viveiro pero precisamos traballo e salarios dignos, vivenda e un transporte público de calidade. A mocidade xógase o seu futuro!”.

O mariñán Dani Castro, candidato ao Congreso que as enquisan sinalan como o primeiro deputado do BNG por Lugo nun escano que perdería o PP, recollendo a palabra das predecesoras, comprometeuse a esixir “unha lei de vivenda ambiciosa, que teña en conta os alugueiros turísticos. Non pode ser que o 60% dos salarios de moita xente moza se adique ao pago dos alugueiros”. Ademais recalcou que “200.000 mozos e mozas tiveron que emigrar porque non atoparon as posibilidades para desenvolver o seu futuro na Galica, e dende o BNG loitarase para que a mocidade poida traballar dignamente, cun Estatuto do Bolseiro que serva para que as empresas non explote á xente moza que se incorpora ao mercado laboral. Empurraremos ao goberno para que faga verdadeiras políticas progresistas e adique o 1% do orzamento á mocidade”, rematou o xoven candidato.

A xornada, que contou cunha ampla participación de xente nova, rematou coas actuacións musicais de Xosé Maseda e a Charanga Benofán

0.13205504417419