Galegas 8M na Mariña convoca unha manifestación en Foz

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Mar 2020

Este domingo, 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a asemblea Galegas 8M da Mariña convoca unha manifestación unitaria en Foz.

Sairá ás 12 da mañá desde Paseo de Colón número 11.

Os colectivos e mulleres que fan parte de Galegas 8M A Mariña levan desde o mes de xaneiro traballando na dinamización do 8M na comarca, fomentando a mobilización en parroquias e municipios, co fin de facer aberta e transversal a reivindicación da igualdade e do feminismo no territorio.

Ademais de múltiples encontros abertos, asembleas, quedadas, ensaios de batuque e obradoiros que tiveron lugar nas últimas semanas, desde a Asemblea Galegas 8M convidan a unir forzas cara os actos do 8M en Foz.

Este ano poñen o foco sobre os coidados, sendo o lema Sen coidados non hai vida, mudando o sistema, derrubando o patriarcado.

Ademais da manifestación unitaria da Mariña, a xornada completarase con actuacións musicais, xantar colectivo e foliada feminista na que nos acompañarán letras e ritmos de toda a comarca.

0.18870997428894