Galegas 8M convoca encontros abertos en Vicedo e Xove
TerraChaXa | AMariñaXa
8 Feb 2019
Este sábado 9 de febreiro terán lugar dous novos encontros de Galegas 8M na Mariña, ás 12 horas terá lugar na aula do primeiro andar do Casa do Cultura do Vicedo e ás 19 horas, na aula de formación do Concello de Xove.
Os temas a tratar versarán acerca da organización dos actos relacionados co 8M tanto na comarca da Mariña como o acto que terá lugar en Lugo o vindeiro 3 de Marzo. Así mesmo, desenvolverase un coloquio informativo acerca das reivindicacións para o 8M, o papel dos homes na folga e as características da folga de consumo, de coidados e estudiantil, entre outras temáticas.
Baixo o lema Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista!, dende a platadorma animan a participar nestes encontros a todas as mulleres da comarca.