Galdo, en Viveiro, está de festa
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Sep 2019
A parroquia vivariense de Galdo festexa a San Miguel este fin de semana, cunha festa que comeza este venres á noite, ás 21.30 horas, con degustación de carne de porco á brasa gratuíta. Ás 22.30 horas será a gran verbena coa orquestra Costa Dorada.
O sábado 28 a cita continúa cuna misa e procesión ás 13.30 horas e unha sesión vermú coa orquestra Gran Casino que tamén actuará ás 22.30 horas.
A festa conta cun campo cuberto con carpa e amplos aparcadoiros. Colabora a comunidade de montes de Galdo e o Concello.