Galdo, en Viveiro, está de festa o sábado 4 de xuño

AMariñaXa
A parroquia vivariense de Galdo estará de festa o sábado 4 de xuño, cunha festa que comeza este venres á noite, ás 21.30 horas
galdo festas 2022 1
28 Maio 2022

A asociación de veciños Camiño de Galdo organiza unha festa o sábado 4 de xuño cun evento que comeza ese mesmo día pola noite, ás 21.30 horas.

Contará coa degustación de churrasco gratuita para socios e 10 euros para os que non o sexan. Máis tarde será a gran verbena coa orquestra Horizonte.

Esta cita será no local social da asociación de veciños  situado na trave do colexio vello de Galdo.

0.13794612884521