Gaita Escola de Mondoñedo comeza o novo curso en outubro

AMariñaXa
A escola ofrece clases de gaita, percusión, pandeireta e canto, requinta, frauta traveseira e bodhram
pandeireta
27 sep 2024

A asociación Gaita Escola de Mondoñedo abre as súas portas para o curso 2024/2025 no local veciñal de Masma. A primeira xornada, que será de portas abertas, terá lugar o xoves 3 de outubro. A escola ofrece clases de gaita, percusión, pandeireta e canto, requinta, frauta traveseira e bodhram (instrumento de percusión tradicional irlandés).

As clases impartiranse os xoves en dúas quendas: a aula infantil terá lugar ás 18.30 e 19.30, mentres que as clases para adultos comezarán ás 20:30. Os prezos son accesibles: 18 euros ao mes para a cativada e 23 euros para adultos, con tarifas especiais dispoñibles para familias.

Para máis información e inscricións, os interesados poden contactar nos teléfonos 612 392 108 ou 605 582 624. Gaita Escola é unha excelente oportunidade para aprender ou mellorar na música tradicional galega e gozar dun ambiente enriquecedor e comunitario.

0.18147301673889