Gadis lanza o terceiro concurso de microrrelatos

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Gadis convoca o seu III Concurso de Microrrelatos cunha nova temática: os soños. “Soñar é anhelar, durmir, imaxinar"
concurso microrrelatos gadis portada
10 Jul 2022

Gadis convoca o seu III Concurso de Microrrelatos cunha nova temática: os soños. “Soñar é anhelar, durmir, imaxinar. Poñerse metas e querer conseguilas. Que son para ti? Que soños tes para o futuro?”. Os microrrelatos deben ocupar unha extensión mínima de tres palabras e unha máxima de cen.

A cadea de supermercados anima a todas as persoas maiores de 14 anos a sacar á luz a súa creatividade coa escritura. Quere descubrir talentos emerxentes que, por diante, teñen case dous meses para perfilar a narración xa que o prazo para presentar os microrrelatos finaliza o próximo 31 de agosto.

Como nas dúas edicións anteriores, a fórmula para participar é moi sinxela. Só hai que seguir as indicacións en https://www.gadismicrorrelatos.com/, @teniendo en cuenta que os textos han de ser orixinais e inéditos, tanto en galego como en castelán.

Conscientes de que os soños son moi persoais e caben infinidade de interpretacións, desde Gadis apúntanse algunhas ideas: “Soñar é desexar. Os soños son sucesos que se representan na fantasía. Son cousas irreais, pero que ansiamos”

Edición dun libro

Cos microrrelatos finalistas, Gadis editará o próximo outono 12.000 exemplares dun libro que regalará nos puntos de venda de Galicia e Castela e León. Ademais, poderase descargar na web en formato dixital.

As narracións gañadoras recibirán diferentes agasallos. O primeiro premio consiste nun iPad; o segundo, nun telescopio e, o terceiro, nun lector de libros electrónicos Kindle.

Máis de 2.500 participantes

Gadis confía en repetir o éxito de participación das dúas edicións anteriores, nas que máis de 2.500 persoas, con perfís moi diversos, enviaron os seus relatos breves. Por iso é polo que a empresa decidise emprender por terceiro ano consecutivo esta iniciativa cultural que pon en valor a creatividade coa escritura e o talento literario de persoas anónimas.

A emotividade dos reencontros despois do confinamento en 2020 e os descubrimentos na vida cotiá do 2021 deron paso aos soños neste 2022. O soño de ver un microrrelato publicado está ao alcance de todas as persoas que participen no concurso que promove Gadis.

Compromiso coa cultura

O compromiso cultural é un dos eixos do programa de Responsabilidade Social Corporativa. Promover o talento de novos autores e difundir a obra de escritores consagrados, a través da edición de libros, é unha das accións que leva a cabo Gadis desde hai dúas décadas co obxectivo de achegar a literatura aos seus clientes e á sociedade en xeral. Un total de 360.000 libros regalou nos últimos anos con motivo do Día dás Letras Galegas nos puntos de venda da comunidade, aos que hai que sumar os exemplares que publica en cada edición do concurso de microrrelatos.

0.16168403625488