Gadis entrega 35.500 kilos de produtos a protectoras de animais

TerraChaXa | AMariñaXa
Gadis entrega 35.500 kilos de produtos a protectoras de animais. A campaña solidaria beneficiou a 50 protectoras
CARTEL A NOSA FALA A NOSA IDENTIDADE CON LOGOS
8 Nov 2020

A campaña solidaria que Supermercados Gadis puxo en marcha por segundo ano consecutivo en beneficio de 50 protectoras de animais chegou ao seu fin coa entrega de 35.500 kg. de produtos para cans e gatos.

Unha vez máis, a compañía quere destacar a xenerosidade dos clientes, que achegaron 29.579 quilos de artigos de alimentación e hixiene, aos que a empresa sumou unha doazón directa do 20%, cos que se alcanzou a cifra total.

A mercadoría xa se empezou a distribuír entre as cincuenta entidades que desenvolven a súa actividade protectora en diferentes localidades das dúas comunidades autónomas na que Gadis está implantada: Galicia e Castela e León.

Durante 10 días púxose ao dispor de clientes e traballadores un espazo en 190 Supermercados Gadis para a súa colaboración coa iniciativa “Alimenta a amizade, que pretende sensibilizar sobre a situación de abandono que experimentan ao redor de 300.000 mascotas anualmente en España. Tamén contribuír a mellorar a situación de 50 entidades que se encargan da atención de animais en ambas as comunidades autónomas.

Esta acción solidaria forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía, no que investiu máis de 2,53 millóns de euros no último exercicio.

Un compromiso coa sociedade que se traduce en máis de 2.300 iniciativas de RSC de diversa índole: cultural, deportivo, ambiental, de apoio ao comercio local….

A solidariedade é un dos vértices deste plan que, no ámbito económico-corporativo impulsa accións aliñadas cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 de Nacións Unidas.

0.18355107307434