Foz ultima o servizo de socorrismo nas praias

Foz
AMariñaXa
Foz ultima o servizo de socorrismo nas praias, que comezará o día 1 de xullo, con doce socorristas titulados admitidos
socorrismo foz 2021
24 Jun 2021

O Concello de Foz ultima o servizo de socorrismo nas praias, que comezará o día 1 de xullo, con doce socorristas titulados admitidos, incluído o xefe de salvamento.  

O alcalde, Fran Cajoto, valora positivamente o interese pola convocatoria, pero lamenta a escaseza de socorristas titulados, o que dá como resultado que quedaron vacantes dúas prazas das catorce ofertadas. “Preocúpanos moito o servizo de salvamento e, dado que a Xunta de Galicia soamente financia 6 socorristas e non hai dispoñibles máis demandantes de emprego coa titulación de socorrista, creamos a figura de auxiliar de apoio. Está aberta a convocatoria de 7 prazas de auxiliar de praias, que servirán de apoio aos socorristas titulados nas súas tarefas. Cremos que é un posto de traballo ao que poden optar moitas rapazas e rapaces novos, que lles guste o deporte e que queiran ter unha saída laboral durante o verán para  obter uns ingresos fóra da tempada de estudos. Polo tanto animamos a todas e todos a presentarse”, comenta Fran Cajoto.

O rexedor municipal tamén recorda que está aberta a nova convocatoria para dúas prazas de auxiliar sanitario. “Requírense títulos de primeiros auxilios ou equivalentes. Buscamos o mellor dos servizos nas nosas praias”, rematou Cajoto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17455291748047