Foz traballa nunha nova edición da Festa Normanda

Foz
AMariñaXa
Permanece aberto o prazo de  inscrición para participar no mercado
festa-normanda-Foz-2019
12 Xul 2024

Permanece aberto o prazo de  inscrición para participar no mercado da Festa Normanda que se celebrará os días 29, 30, 31 de agosto e 1 de setembro de 2024. Os interesados poden poñerse en contacto coa asociación a través do correo mercadonormando@hotmail.com

A Festa Normanda é unha das celebracións máis recentes que se celebran en Foz, aínda que esta cita que rememora a invasión errada dos viquingos sobre o pobo lucense xa está máis que consolidada no calendario. De momento, non hai confirmación do programa pero nas últimas edicións os asistentes puideron gozar dun mercado medieval, unha obra teatral que teatraliza o desembarco e o afundimento dos barcos vikingos ademais de actividades, xogos e teatro para os máis pequenos. Tamén podería recrearse como en anos anteriores na praia focega de Tupide, o desembarco viquingo e o combate entre a poboación e os invasores normandos.

0.17947506904602