Foz rexistra un pequeno terremoto de 2.2

Un movemento sísmico cunha magnitude de 2.2 foi rexistrado en Foz sobre as once horas deste sábado, segundo os datos recollidos polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN). O epicentro do terremoto situouse a uns 7 quilómetros. O sismo tivo unha intensidade moi baixa, polo que foi imperceptible para os veciños.