Foz renova accesos á praia de Llas

Foz
AMariñaXa
O Concello mellora as pasarelas nas praias e protexe o hábitat da píllara das dunas
praia-LLas-Foz
21 Apr 2025

A tempada estival arrinca con novidades no litoral do Concello de Foz, que vén de estrear melloras en varios dos seus espazos costeiros máis frecuentados. A praia de Llas, un dos areais máis concorridos do municipio xunto coa da Rapadoira, conta xa con dous novos accesos construídos en madeira, unha medida que facilita o paso dos visitantes e contribúe á protección do ecosistema dunar.

Pero as actuacións non se limitaron a este areal. Na zona de A Pampillosa, en Fazouro, levouse a cabo un importante traballo de acondicionamento do bordo litoral, completando así a rehabilitación do tramo comprendido entre a ponte de ferro e o final do paseo que conecta Peizás co areal. A intervención foi executada por Costas, no marco dun proxecto de recuperación e posta en valor da contorna natural.

Este último areal ten, ademais, un valor ambiental engadido, xa que constitúe un hábitat prioritario para a píllara das dunas, unha pequena ave limícola en perigo de desaparición. Consciente da súa relevancia ecolóxica, realizouse un cribado da area antes do 15 de marzo, data clave que marca o inicio do período de nidificación desta especie.

⚙ Configurar cookies
0.15990018844604