Foz recolle plásticos de silos

AMariñaXa
O Concello de Foz recollerá os plásticos de silos. Haberá que chamar ao punto limpio para que os recollan na propia explotación.
PLASTICOS AGRICOLAS 1_portada
3 Maio 2021

O Concello de Foz acometerá a recollida de plásticos de silos porta a porta. A recollida será na explotación gandeira de que se trate o venres 7 de maio.

Os usuarios que interesen a recollida de plásticos de silo deberán de poñerse en contacto co teléfono 982 133 159, onde será anotada a solicitude e pasarase a recoller nos días seguintes, segundo a ruta que lle corresponda, e baixo os seguintes condicionados:

Os plásticos deberán estar depositados en dúas moreas por tipo (plásticos -cor branca ou negra- de embolar por un lado e plástico de silo fixo ou trinchera por outro), nun lugar de fácil acceso para o vehículo de recollida, sen atrancos que a entorpezan ou ralenticen e dentro da explotación. Non se poderán depositar en bens de uso ou dominio público, lembrando a prohibición de depositalo nos contenedores de lixo ou ao seu carón.

Os plásticos deberán ir limpos de terra (só plásticos de silo, non se aceptarán nin cordóns, nin garrafas, nin calquera derivado da actividade agrícola).

recollida plasticos foz
0.099530935287476