Foz presenta o seu concurso de postais de Nadal

Foz
AMariñaXa
Poderá participar todo o alumnado dende este luns 25 de novembro ata o 12 de decembro
231124-GAÑADORA-NO-CONCURSO-DE-POSTAIS-DE-NADAL-DE-FOZ-2023
24 Nov 2024

A Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca o seu xa tradicional concurso de postais de Nadal. Poderá participar todo o alumnado do concello de Foz, nas tres categorías existentes: Educación Infantil, Primaria A (1°, 2° e 3°) e Primaria B (4°, 5° e 6°). Dende este luns, día 25 de novembro, poderán entregarse os traballos na propia biblioteca e recolleranse ata o día 12 de decembro ás 20.00 horas.

O tema será o Nadal, acompañado de elementos representativos de Foz, xa que a postal gañadora será a que o Concello utilice como felicitación oficial.

A técnica será libre, sempre e cando non leven elementos que sobresaian e os traballos deberán realizarase en cartolina dun tamaño de 16x11cm. Se se inclúe texto este deberá ser en galego.

“Estamos moi contentos de levar a cabo este concurso que todos os anos ten moi boa acollida entre os centros e que nos fai desfrutar da inventiva dos máis novos. Debuxa o que máis che guste do Nadal de Foz e fáinolo chegar á biblioteca, a túa idea pode ser a escollida para felicitar o Nadal de focegos e visitantes”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “As postais premiadas serán anunciadas á finalización do período de presentación e avisarase do día da entrega de premios. Anímamos a todas as nenas e nenos a participar e desfrutar debuxando o Nadal de Foz”.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18688106536865