Foz prepara unha nova edición da Primavera cultural con seis actividades

Foz
AMariñaXa
 A Delegación de Cultura do Concello de Foz continúa coa súa primavera cultural e programa seis actividades para este mes de maio.
1 Foz primavera cultural 2022 maio
6 May 2022

 A Delegación de Cultura do Concello de Foz prepara unha nova edición da súa primavera cultural e programa seis actividades para este mes de maio.

O venres 6 de maio na casa da cultura ás 20.00 horas contarán con teatro infantil na casa da cultural, A verdadeira historia de Hamelín, a cargo de Moc Moc. Un espectáculo dirixido a nenos de 3 a 12 anos con entrada de balde.

O xoves 19 de maio e tamñen na casa da cultura ás 20.00 horas será a quenda do obradoiro creativo de animación á lectura O Conto estrelado, a cargo de Michel Casado e Raúl Marín. Será de balde e para nenos de 3 a 6 anos.

Xa o sábado 21 haberá pasarrúas pola vila a partir das 12.00 horas a cargo de O Feitizo, a Banda de Música de Foz e ACM Dambara, e pola tarde ás 19.00 hoas no Campo da Cabana volverán actuar os mesmo grupos. Así mesmo, ás 18.30 horas na casa da cultura ás 18.30 horas será a quenda do cine coa longametraxe finalista dos Mestre Mateo.

Xa por ´último, o xoves 26 ás 20.00 horas na casa da cultura, volverá o teatro infantil da man de Raquel Galavís, Álvaro Sanza e Toni Arbones, que relatarán O Principiño en Madagascar. Será unha sesión de balde para nenos de 5 a 12 anos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17380595207214