Foz pon en valor a tradición cunha xornada arredor dos maios

Foz
AMariñaXa
Representantes da Asociación de Familias do CEIP O Cantel organizan en colaboración coa concellería de Educación do Concello de Foz unha xornada festiva ao arredor dos maios durante a mañá e a tarde deste sábado na praza Pardode Cela.
Presentación os maios foz
3 Maio 2024

Representantes da Asociación de Familias do CEIP O Cantel organizan en colaboración coa concellería de Educación do Concello de Foz unha xornada festiva ao arredor dos maios durante a mañá e a tarde deste sábado na praza Pardode Cela.

O artesán Oli Xiráldez será o encargado de impartir un obradoiro no que se elaborarán os maios e no que non faltará a música con cantos tradicionais nesta celebración ancestral do mundo vexetal. Ter unha boa colleita era fundamental para conservar oalimento anual.

As representantes da AFA do Cantel e a concelleira de Educación, Zoraida Coira, explican que o obxectivo desta xornada de convivencia e festa é a de compartir as tradicións e non esquecer de onde vimos, para saber o que somos.

0.086381196975708