Foz organiza un ano máis a xuntanza dos maiores

Foz
AMariñaXa
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Foz organizou diversos cursos para adultos na vila e no resto de parroquias do municipio.
2024 ANA ROJO PRESENTA A XUNTANZA DOS MAIORES DE FOZ
23 Feb 2024

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz organiza un ano máis a xuntanza dos maiores. Nesta ocasión será o 2 de marzo, sábado, na carpa instalada na rúa Atalaia.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que é “unha homenaxe de recoñecemento a toda unha vida de traballo, en tempos difíciles de moitas carencias, nunhas circunstancias e nun contexto social que condicionaron moito a vida e o entorno máis próximo dos nosos maiores. É de destacar o papel que xogaron homes e mulleres focegas, de todas as parroquias en todos os ámbitos do pobo para contribuír a facer un Foz mellor. É reseñable o traballo das mulleres nas tarefas do fogar, ademais de coidadoras de pais, nais, avós, fillos e netos, colaborando de maneira activa na economía familiar, traballando nas labores do campo, gandería, na venta de peixe polas casas, e de forma temporal nas conserveiras, etcétera. Polo tanto a nosa pretensión é recoñecerlles a toda unha xeración de fortes crenzas, a máis resiliente con diferenza, a súa valía é merecemento. Polo que foron, polo que son e por todo o que representan. Calquera sociedade estará máis desenvolvida canto máis respecta e coida os seus maiores. Como dato, o 30 por cento da nosa poboación é maior de 60 anos, sendo o Concello de Foz un dos que máis centenarios ten de toda a Mariña, concretamente nove”.

Ana Rojo engade: “por todo isto o sábado 2 de marzo ás 14 horas celebraremos a xuntanza dos nosos maiores, na carpa instalada na rúa Atalaia, habilitada con baños e calefacción. Haberá un xantar gratuíto, servido polo catering Chao de Brea, ademais da actuación do grupo Nostalgia, que tocará en rigoroso directo, e remataremos a tarde cun sorteo de agasallos e obsequios á dona e ao cabaleiro máis lonxevos desta xuntanza. Esperamos que disfruten desta tarde noite especial, pensada e organizada para todos eles, onde poderán fortalecer vínculos e forxar amizades”.

O alcalde, Fran Cajoto, destaca “o papel dos maiores para conformar o Foz que temos hoxe: estamos en débeda con eles. Nunha época na que a tecnoloxía e a maquinaria eran testemuñais levantaron con moito esforzo este concello. En pouquiño tempo veremos tamén aberta de novo a cafetería Náutico, que volverá ser punto de encontro para todos eles -o prazo de presentación ofertas para a concesión remata o vindeiro luns, día  26- . Verémonos o 2 de marzo na xuntanza dos maiores, agardo que desfruten do xantar!”.

0.10186982154846