Foz inaugura clases de baile de verbena para todas as idades

O Concello de Foz iniciou un novo programa de clases de baile de verbena, destinado a todas as persoas interesadas en aprender ou perfeccionar ritmos como bachata, rumba, bolero, vals ou merengue. As sesións desenvolveranse todos os martes, de 19:00 a 20:00 horas, desde outubro ata xuño.
O custo mensual será de 35 euros por persoa, e a inscrición pódese formalizar chamando ao número 617 775 027. A actividade está aberta a todos os niveis, permitindo que tanto principiantes como persoas con experiencia poidan participar.
Esta iniciativa busca combinar actividade física e diversión, ao tempo que promove un espazo de encontro e socialización para a veciñanza de Foz. Os organizadores esperan que as clases se convertan nunha oportunidade para disfrutar da música, aprender novos estilos de baile e aproveitar os martes dunha maneira activa e lúdica.