Foz honra á Virxe do Carme cunha multitudinaria misa cantada e procesión

Foz
AMariñaXa
A Praza Conde de Fontao acolleu un dos actos máis emotivos das festas patronais, cunha destacada participación veciñal e institucional
Festas-do-Carme-de-Foz-2025-procesion
16 Jul 2025

A localidade de Foz viviu este mércores unha das xornadas máis significativas das súas Festas do Carme 2025, que se estenden do 11 ao 17 de xullo. A Praza Conde de Fontao foi o escenario dunha misa cantada na honra da Virxe do Carme, patroa do mar e dos mariñeiros, unha cerimonia que contou coa interpretación do Coro Mar Aberto, que lle deu ao acto un ton especialmente solemne e emotivo.

Ao remate da misa tivo lugar a tradicional ofrenda floral e a procesión, que percorreu as rúas do centro acompañada por un gran número de focegos, focegas e visitantes, que se sumaron con devoción á homenaxe relixiosa.

Entre os asistentes atopábase o Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, así como o alcalde de Foz e tamén deputado provincial, Francisco Cajoto Caserío, acompañados por outros membros da corporación municipal.

A celebración da patroa reafirma o espírito mariñeiro da vila e o seu profundo vencello co mar, nun calendario festivo que mestura relixiosidade, tradición e participación cidadá.

⚙ Configurar cookies
0.063739061355591