Foz está entre os concellos que forman parte do servizo de atención temperá

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Foz forma parte dunha agrupación de municipios, entre os que están Burela, Xove, Cervo, Ribadeo, Barreiros, Alfoz e Lourenzá, que dispoñen dun servizo de atención temperá.
11 Nov 2019

O Concello de Foz forma parte dunha agrupación de municipios, entre os que están Burela, Xove, Cervo, Ribadeo, Barreiros, Alfoz e Lourenzá, que dispoñen dun servizo de atención temperá.

Dito servizo atópase nas dependencias da Casa do Mar de Burela, e realiza intervencións en nenos/as de 0 a 6 anos.

O Servizo de Atención Temperá está na Casa do Mar, na rúa Rosalía de Castro, 20, de Burela e o teléfono é o 982 586 208.

O horario é de luns a venres, de 8 a 15 horas e de luns a mércores tamén de 16 a 20 horas.

As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

0.18232011795044