Foz entrega os premios do seu Certame de Teatro Afeccionado

Foz
AMariñaXa
Finalizou cunha gala , que foi conducida por Marián Bañobre e Isabel Risco
entrega-de-premios-teatro-foz
Entrega de premios
30 Xuño 2024

O III Certame de Teatro Afeccionado Jose Luis López Lorenzo O Poto, organizado polo Concello de Foz, finalizou coa gala de entrega de premios, que foi conducida por Marián Bañobre e Isabel Risco.

Nun ambiente de compañeirismo e ledicia entregáronse os premios nas distintas categorías. O premio de Mellor Actor foi para Xulio Leal (Don Santiago), por A Lola, de Avelaíña Teatro; e a Mellor Actriz para Andrea Castro (Alfonsina), por Salón Alfonsina, de Vicus Teatro.

A Mellor dirección e a Mellor posta en escena correspondeu Cristina Mariño, por De Marzo a Marzo, de Opaí Teatro e  o Mellor guión entregouse a Andrea Castro e Pablo Carrera, por Salón Alfonsina, de Vicus Teatro.

Houbo un accésit para a mellor obra infantil para A volta ao mundo en 80 notas, da AsociaciónE Cultural Curuxán.

A segunda Mellor Representación foi a de De Marzo a Marzo, de Opaí Teatro e a primeira para O traballo de Andrea, do Colectivo Cultural Ollomao.

Dende o departamento de Cultura do Concello de Foz agradecen “a todos os participantes, seleccionados ou non, o seu traballo e agardamos que volvan o ano que ven para facernos desfrutar co seu teatro”, finaliza a concelleira de Cultura, Inés López.

0.16439914703369