Foz entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas
O Concello de Foz fixo entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas aos alumnos participantes do colexio Número 1 de Foz. Os doutros centros recibiranos nos próximos días. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, quere “agradecer aos centros participantes, o Número 1 e o Colexio do Pilar, ademais dos nenos que concursaron por libre, a implicación e as ganas que demostraron nas súas obras. É moi importante para nós a implicación dos mestres e os centros para que estes certames teñan unha representación real do alumnado de Foz.”
Os premiados no apartado de debuxo foron: na categoría de ata 8 anos, Aldara Sánchez Rodriguez (Nº 1), Martina Pardo Vázquez (Pilar) e Paula Posada Fernández (Pilar); na categoría de 9 a 11 anos, Sara Rodríguez Martínez (Pilar), Elisa Pernas Suárez (Pilar) e Luis Goás Fernández (Pilar); na categoría de 12 a 16 anos, Carla Iravedra García (Pilar), Valería Montoya López (Pilar) e Elena Castro Sanjurjo (Pilar).
Os premios en narración foron: na categoría de ata 8 anos, Roma Valhermoso Ramírez (Nº 1), Didac García Díaz (Nº 1) e Aldara Sánchez Rodríguez (Nº 1); na categoría de 9 a 11 anos, Mía Santos Seijo (Cantel); e na categoría de 12 a 16 anos, Carla Iravedra García (Pilar). A concelleira de Cultura e a técnico de biblioteca, Marta Carrera, achegáronse ata o colexio Número 1 a felicitar ás nenas e nenos. “É moi bonito ver que están moi contentos en participar e fixeron un traballo excelente todos”, explica Inés López.
No certame provincial as obras dos participantes de Foz recibiron dous premios. A partir do 1 de xullo a biblioteca municipal Salgado Toimil modifica o seu horario polo verán, quedando de 8.30 a 14.00 horas de luns a venres, ata o vindeiro 15 de setembro.