Foz di adeus ao tamarindo de Campo da Cabana

Foz
AMariñaXa
O impacto dun camión, xunto coa súa idade, provocaron o derrube do exemplar de certa lonxevidade, que non resistiu ao impacto
tamarindo_foz
3 Aug 2024

O municipio de Foz dixo adeus dun elemento singular moi querido que xa se convertera nun monumento máis para a veciñanza do municipio. O impacto dun camión, xunto coa súa idade, provocaron o derrube do tamarindo de Campo da Cabana, un exemplar de certa lonxevidade que non resistiu ao impacto, polo que acabou por caer na beirarrúa, sen ter que lamentar danos persoais.

O exemplar, situado enriba da vía pública, contaba cunha forma singular. Operarios da brigada de obras municipais encargáronse de retiralo da rúa. Algúns usuarios a través de redes sociais, sen coñecer as circunstancias, denunciaban a corta da árbore. Dende o Concello de Foz quixeron explicar os motivos do sucedido.

“Hoxe perdemos a un elemento singular moi querido que xa se convertera nun monumento máis do noso municipio. Debido ao impacto dun camión, xunto coa súa idade, temos que dicirlle adeus”. Ademais, tamén quixeron agradecer “a súa sombra, as fotografías ao seu carón e algún que outro coscorrón.  Sempre na nosa lembranza!”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19287085533142