Foz defende a xestión económica do goberno ante as críticas do PP

Foz
AMariñaXa
Inés López Couto subliña o superávit e a correcta planificación das contas municipais
ines_lopez_foz
25 Mar 2026

A concelleira de Economía e Facenda de Foz, Inés López Couto, saíu ao paso das críticas vertidas polo Partido Popular sobre a liquidación do exercicio 2025, asegurando que “a oposición fai unha análise torticera dun documento sobre o que primeiro debería preguntar antes de afirmar”. Segundo explicou, o informe de Intervención é favorable e evidencia que “o Concello ten un resultado orzamentario positivo, co que pode permitirse pagar o 1,3 millóns que aprobou a final de ano para proxectos tan importantes como as obras de Malates ou os ordenadores para a aula de exames de Tráfico”.

A concelleira recoñeceu que os suplementos de crédito poden supoñer desviacións na estabilidade orzamentaria, mais puntualizou que “asumimos a situación e apostamos por maior traballo, centrando os obxectivos na mellora dos prazos e a xestión eficiente dos fondos públicos”.

López Couto lembrou tamén os avances en materia de contratación, apuntando que “nos primeiros seis meses deste goberno adxudicáronse máis de vinte contratos, fronte aos sete que se realizaron nos seis meses anteriores”. Recalcou que o executivo municipal anterior deixara “a maior parte das facturas sen contratación, sen proxectos acompañantes e con fraccionamentos irregulares”, algo que o novo goberno continúa corrixindo cun traballo diario e minucioso.

A voceira de Economía destacou que o Concello de Foz “está saneado, cumpre cos compromisos de pago e cada vez mellor, tras reestruturar unha situación paupérrima deixada polo anterior goberno”. Engadiu que actualmente “nin as contas están en negativo —hai un superávit de máis de 800.000 euros e un remanente de case tres millóns—, nin o incumprimento da regra de gasto pode utilizarse de forma banal”.

Finalmente, López Couto insistiu en que a súa prioridade é “o traballo para a cidadanía”, respondendo ás críticas do PP que cualificou de “desinformación interesada”, e rematou asegurando que “a miña labor como voceira é responder sempre que se dif

0.11628699302673