Foz continúa a celebrar o Día dos Humedais cunha exposición

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Foz organiza co gallo do Día dos humedais a exposición Galiza Conservando a Natureza.
15 Feb 2020

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Foz organiza co gallo do Día dos humedais a exposición Galiza Conservando a Natureza.

O período de exhibición é ata o vindeiro 26 de febreiro e nesta exposición presentase ao gran público a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.

Entre o 27 de xaneiro e agora o 26 de febreiro no Cenima, os visitantes poderanse sorprender coa cantidade e diversidade de espazos protexidos declarados en Galicia, entenderán o significado das figuras de protección e o que conlevan, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental.

0.18900609016418