Foz conmemora o domingo o Día da Bicicleta

Foz
AMariñaXa
Este domingo, 25 de setembro, celebrarase o Día da Bici en Foz, onde teñen previstas diferentes actividades que se centrarán no paseo.
dia da bicicleta foz portada
21 sep 2022

Este domingo, 25 de setembro, celebrarase o Día da Bici no Concello de Foz,  onde teñen previstas diferentes actividades que se centrarán no paseo.

A saída será ás 11:30h desde o parque infantil de tráfico, lugar tamén do regreso despois de dar un agradable paseo pola zona das praias. Sortearase entre os participantes unha bici e publicarase o nome do gañador nas redes sociais. Tamén levarán premio o máis veterano/a, o máis novo/a, o mellor disfraz e a bice mellor engalanada. E, ao finalizar haberá sorpresas para os participantes.

A inscrición previa será obrigatoria e poderá realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Tan só deberán remitirse os seguintes datos ata o 24 de setembro: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono. Será tamén obrigatorio o do casco.

dia da bicicleta foz
0.092072010040283