Foz celebra os seus Cantos de Taberna con Mar Aberto e Arume

Foz
AMariñaXa
Este venres, 12 de abril, o Concello de Foz organiza cantos de taberna en colaboración cos locais de hostalería.
cantos_taberna_foz_portada
12 Abr 2024

Este venres, 12 de abril, o Concello de Foz organiza cantos de taberna en colaboración cos locais de hostalería. A ruta deste venres será pola zona da Rapadoira, en concreto nos bares O Tangarte, A Estrella, 78 e Marexada. Darán comezo ás 20.30 horas e os grupos participantes son Mar Aberto, de Foz, e Arume, de Burela.

“Agradecemos a colaboración de grupos e locais hostaleiros xa que estas actividades crean un moi bo ambiente no pobo”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anima a “dar un paseo por Foz e desfrutar da cultura gastronómica e musical local”.

0.073675870895386