Foz celebra o Día das Aves cunha observación da píllara común

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 Oct 2019

A concellería de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Foz, continúa no mes de outubro coas actividades relacionadas coas aves. No mes de setembro a Exposición Aves de Galiza, que foi moi ben recibida, permitiu a veciños, visitantes e mesmo algún Centro de Ensino do Concello, amosar a riqueza ornitolóxica do país. Agora o Concello invita a celebrar o Día Mundial das Aves o sábado 5 outubro ás 12 da mañá. Un ornitólogo mpartirá un acto divulgativo sobre a píllara común, en perigo de extinción.

Convidan a tódolos interesados a compartir un acto divulgativo con Luis Salaverri Leiras, doutor en Bioloxía, experto ornitólogo e gran coñecedor das aves do Concello de Foz. O lugar escollido é Fazouro, no Centro Social-Antigas Escolas, ben próximo ao espazo dunar da Pampillosa refuxio de especial interese ornitolóxico onde aniñan as Píllaras das dunas.

A Pillara foi escollida como ave do ano 2019 pola SEO/Birdlife. Trátase dunha ave en serio perigo de extinción. Ten na Galiza o seu último refuxio do norte da peninsula ibérica, xa que desapareceu do resto de zonas do litoral septentrional, e só se ve xa na costa portuguesa e mediterránea da Península. Estímase que na actualidade quedan pouco máis dun cento de parellas ao longo do litoral galego. 

Destas aves tan valiosas, das migrantes en plena viaxe de volta a África diante das costas mariñáns e das da ría do Ouro e Foz, recibirán os asistentes amena e útil información dun experto como Luís Salaverri.

0.15724992752075