Foz celebra mañá o Día de Rosalía

Foz
AMariñaXa
Normalización Lingüística do Concello de Foz anuncia o inicio das actividades para conmemorar o 184 aniversario do nacemento de Rosalía mañá.
23 Feb 2021

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Foz anuncia o inicio das actividades para conmemorar o 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro mañá, 24 de febreiro. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Foz adhirese ao manifesto da AELG para conmemorar o día e dá a debida homenaxe a autora que é xa Universal.

O pasado ano celebrouse que o seu nome ten un sitio no firmamento tras nomear a unha estrela do espazo profundo como estrela RosalíadeCastro e ao planeta que xira en torno a ela planeta RíoSar. Para celebrar este 24 o día de Rosalía, o Concello de Foz en colaboración coa Fundación Penzol e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo, presenta as reproducións das portadas das distintas edicións internacionais de Cantares Gallegos, dos orixinais que posúen os fondos da Fundación Penzol. A Concellería de Normalización Lingüística convida a confirmar a Universalidade de Rosalía en edicións como a xaponesa entre outras. A exposición iniciará a súa exhibición na bibloteca pública Salgado Toimil que reabre co aforo limitado. Continuará para facilitar o seu acceso, nos centros de ensino do Concello, para rematar a súa andaina o día 17 de maio no que se celebrará novamente a primeira edición deste libro e con el as letras.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1816349029541