Foz celebra este sábado a comida dos maiores
AMariñaXa
A Delegación de Asuntos Sociais do Concello de Foz organiza a Comida dos nosos maiores para recuperar momentos e crear novos lazos.
23 Mar 2022
A Delegación de Asuntos Sociais do Concello de Foz organiza a Comida dos nosos maiores para recuperar momentos e crear novos lazos.
Esta terá na Sala Bahía de Foz este sábado, 26 de marzo, ás 14.00 horas. Para asistir será necesario recoller a túa no Centro Social antes do 23 de marzo. Haberá prazas limitadas polo que se seguirá a orde de inscrición.
Trátase dunha comida gratuíta para maiores de 65 anos e maiores de 60 xubilados e empadroados en Foz.
O menú constará de empanada, callos, solomillo en salsa con guarnición, tarta de crema e trufa e xeado, viño, auga e refrescos, café e chupito.