Foz celebra as xornadas gastronómicas das albóndegas con 10 locais participantes

Foz
AMariñaXa
Do 21 ao 23 de febreiro, Foz ofrece diversas elaboracións de albóndegas para celebrar o Entroido
presentación-albóndegas-2025-foz
18 Feb 2025

Do 21 ao 23 de febreiro terán lugar as xornadas gastronómicas das albóndegas, que organiza Acia Foz CCA e nas que participan 10 locais hostaleiros.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, sinalou que “durante os 3 días os dez negocios participantes servirán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diversas elaboracións”.

Nas xornadas gastronómicas da albóndegas danse cita: Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma.

Paleo indicou que “con esta proposta gastronómica queremos animar este tempo de Entroido na fin de semana anterior ao grande desfile de Foz”.

Colaboran con Acia Foz CCA a Xunta de Galicia e o Concello de Foz. Na presentación da campaña participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

O teu café ten premio

Desde onte e ata o 23 de febreiro desenvólvese tamén a campaña especial denominada O teu café ten premio, que está enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se celebra no IES de Foz.

Aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma entre os días 17 e 23 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 26 de febreiro.

0.14751791954041