Foz avanza no proxecto de ser un concello cardioprotexido
AMariñaXa
Traballadores do Concello de Foz están recibindo formación sobre a utilización correcta dos desfibriladores.
25 Out 2023
O Concello de Foz segue avanzando no proxecto de ser un concello cardioprotexido polo que veñen de instalar dous novos dispositivos DESA ou desfibriladores.
A concelleira de Sanidade do Concello de Foz, Kathy Navarro, informou da adquisición destes dous novos aparatos e que estarán dispoñibles no Centro Social e no Cenima.
“Estes novos dispositivos súmanse aos anteriores adqueridos avanzando nun Foz cardioprotexido”, di Navarro.
Tanto estes novos desfibriladores, coma os xa existentes, están actualizados e poderán localizarse na app Urxencias Sanitarias 061 Galicia.