Foz adxudicou a modificación da sinalización das rúas Álvaro Cunqueiro e avenida da Mariña

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Foz adxudicou o contrato de modificación e axuste da sinalización das rúas Álvaro Cunqueiro e avenida da Mariña á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia SA.
11 Oct 2019

O Concello de Foz adxudicou o contrato de modificación e axuste da sinalización das rúas Álvaro Cunqueiro e avenida da Mariña á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia SA.

As obras consistirán na disposición de pasos de peóns, reforzo da sinalización horizontal e vertical e colocación de bolardos como elementos de defensa para reducir o risco de atropelos nunha calzada na que non hai separación física entre peóns e vehículos.

Desde o Concello pídese precaución na circulación porque as rúas teñen prioridade peonil e os vehículos deben deterse ante o cruce dun peón ata que se dispoñan as novas medidas. As obras desenvolveranse á maior brevidade posible, unha vez finalizados todos os trámites administrativos.

Estas obras complementarán o cambio de sentido da rúa Álvaro Cunqueiro, grazas ao que se evitaron os grandes atascos de saída do pobo que se produciran no verán do 2018, e permitirán unha maior seguridade a todos os usuarios do centro de Foz.

0.15404009819031