Foz acollerá o xoves a primeira Churrascada Bispo Santo

Foz
AMariñaXa
A Asociación Cívico Cultural O Bispo Santo de Foz, en colaboración co Concello, organizan a primeira Churrascada Bispo Santo
i churrascada bispo santo foz 1
1 Ago 2022

A Asociación Cívico Cultural O Bispo Santo de Foz, en colaboración co Concello, organizan a primeira Churrascada Bispo Santo que se celebrará o vindeiro xoves 4 de agosto.

Esta cita gastronómica será no paseo da Ribeira e haberá sesión vermú dende as 13.00 ata as 15.00 horas con aperitivos gratis. E desde as 14.00 horas haberá animación musical a cargo do grupo Lume.

Tamén contarán con atraccións para os máis cativos durante todo o dóa e pola tarde un Dj porá a nota musical á festa.

Xa pola noite, ás 21.00 horas, será oxantar a base de churrasco, chourizo, pan, auga e viño por un prezo de 15 euros. E acto seguido a gran verbena amenizada de novo por Lume.

0.13000583648682