Foz acolle unha nova edición do ciclo de charlas médicas

AMariñaXa
Foz acolle unha nova edición do ciclo de charlas médicas que organizan o Concello e o Hospital Público da Mariña.
charlas medicas foz
9 Nov 2021

Foz acolle unha nova edición do ciclo de charlas médicas que organizan o Concello e o Hospital Público da Mariña. Serán os días 10, 18 e 24 de mes na Casa da Cultura focense e foron presentadas hoxe polo alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Sanidade, Transparencia e Innovación, Kathy Alonso.

A concelleira explica que “estas charlas, xa celebradas en anos anteriores, tocarán importantes temas de actualidade impartidas por diferentes especialistas. Comezarán este mércores, día 10, coa exposición do xinecólogo Antón Castro López, que falará de Actualización do cancro de mama. Continuarán o xoves 18 co nefrólogo Secundino Cigarrán cunha charla sobre Fomento da vida saudable por medio da dieta atlántica. E finaliza o mércores 24 o médico de familia José Luis Fernández co tema Xestos sanadores. Poderán disfrutar destas interesantes exposicións na Casa da Cultura, as tres xornadas ás 20:00 horas”.

Kathy Alonso engadiu que “nuns tempos nos que estamos a poñer tanto en valor a importancia da saúde, consideramos moi interesante continuar coa organización destas charlas”.

0.12014412879944